Un pad é un documento de texto colaborativo editado en liña. As achegas
de cada usuario sinálanse usando unha cor diferente, aparecen na pantalla
en tempo real e grávanse ao ir escribindo.
Queres ver unha demostración?
Tes a posibilidade de crear unha conta protexida por contrasinal e ter un espazo dedicado para xestionar os teus pads e controlar o acceso aos mesmos.
Os documentos públicos teñen unha vida útil limitada para evitar o crecemento indefinido
da base de datos.
A data de caducidade está definida tendo en conta a data da última modificiación
do documento.
Para conservar os teus documentos, considera utilizar o menú Importar/Exportar.
Este servizo ofrécese suxeito á aceptación das nosas condicións xerais e podería ser moderado seguindo as nosa directiva de moderación.
Framapad é de balde, sen anuncios nin trampas para clics. O noso obxectivo é aloxar unha ferramenta ao teu servizo e non ao revés.
Ao contrario do adaxio, aquí, ti non es o produto.
Framasoft recompila a menor cantidade de datos posíbel.
Tes total autonomía respecto diso.
Non temos interese ningún en rastrexar o teu comportamento nin en explotalo.
Framapad baséase nun software libre¹. O seu código é transparente, auditábel publicamente e non ten ningunha característica agochada.
Está feito pola comunidade, e quen queira e libre de duplicalo ou bifurcalo e desenvolver un proxecto cun novo enfoque.
¹ Etherpad – Liceza Apache 2.0
Framapad é unha instalación do software libre Etherpad nos servidores txt.soft. A súa licenza libre permite estudar o seu código, melloralo e instálao no teu propio servidor.
Usar Framapad é o primeiro paso no camiño cara á túa autonomía dixital.
Confiar os teus datos a un aloxamento implica ter razóns para confiar nel. Framasoft comprométese con condicións claras¹ para aloxar servizos con respecto pola túa integridade.
consulta as nosas Condicións de uso e a nosa directiva
Framasoft é un dos moitos actores que ofrecen servizos en liña aloxados cunha forte ética, co obxectivo da descentralización.
Para dar un paso máis na túa emancipación dixital, atopa o mesmo servizo aloxado preto de ti por un dos membros do Colectivo de hospedadores independentes, transparentes, abertos, neutrais e éticos: os CHATONS!
Detrás dun servizo como hai unha proposta política: explorar unha alternativa ao capitalismo de vixilancia experimentando cunha sociedade da colaboración.
Ao ofrecer usos, comentarios e achegas a Etherpad, participamos no mantemento da vitalidade dun recurso común.
Framapad é ofrecido por unha asociación francesa sen ánimo de lucro: Framasoft
Creada en 2004, a asociación agora dedícase á educación popular sobre os retos da era dixital e dos bens culturais. A nosa pequena estrutura (35 membros, incluíndo 10 empregados) é coñecida como o proxecto Desgooglicemos Internet (26 ferramentas en liña éticas e alternativas) e polo desenvolvemento de PeerTube, Mobilizon, etc. Recoñecida como de interese xeral Framasoft está financiado nun 94% por medio de doazóns, que son deducíbeis de impostos para os contribuíntes franceses.
Porque a libre non quere dicir de balde…
Framasoft é unha organización sen ánimo de lucro que só pode seguir funcionando grazas ás vosas doazóns. Gústalle o que facemos? Cree que imos na dirección correcta? Se é así, e pode facer unha doazón, agradecémosllo moito!
Ilustración: David Revoy (Creative Commons By 4.0)